Saltar navegación

Bóveda de aresta

Definición

Bóveda de aresta: elemento arquitectónico abovedado, que se emprega para cubrir espazos cuadrangulares. Resulta da intersección de dúas bóvedas de canón, de igual frecha e altura, que se cruzan perpendicularmente.

Apoio visual

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Explicación

(século IX) Capela Palatina de Aquisgrán, Alemaña
Fernando Díaz. Bóveda de aresta decorada con mosaicos (CC BY-SA)

 

A bóveda de aresta cubre tramos cuadrangulares e, polo tanto, a sua construción é máis sinxela e de menor peso. Isto permite dar máis altura ó edificio.

Os romanos empregaron a bóveda de aresta para cubrir lixeiros teitos de formigón (imaxen 1).

Popularizouse na Idade Media nas catedrais de peregrinación do camiño de Santiago para cubrir as naves laterais e as tribunas (imaxe 2). Hai construccións no románico europeo nas que atopamos bóvedas de aresta en naves principais dos templos.

Durante o gótico, as bóvedas de aresta contrúense con arcos apuntados e iránse substituíndo por bóvedas nervadas ou de cruzaría.

No Renacemento volveránse recuperar ata hoxe.(imaxe 3)

Imaxe 1
Interior do mercado de Trajano en Roma construído cunha estructura abovedada onde predomina a bóveda de aresta. Arte romana, Mercados de Trajano en Roma, século II d.C.
Fernando Díaz. Bóvedas de aresta romanas (CC BY-SA)
Imaxe 2
Bóvedas de aresta nas naves laterais da catedral de Santiago de Compostela. Mestre Matero, románico, século XII
Fernando Díaz. Bóvedas de aresta en naves laterais (CC BY-SA)
Imaxe 3
(Século XVI) Soportais de trazado mozárabe, Praza Chica, Zafra (Badaxoz)
Fernando Díaz. Soportais con bóvedas de aresta sobre piares e columnas (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)