Iconografía
Definición
Iconografía: materia que estuda a orixe, formación e desenvolvemento do tema ou asunto representado nas expresións artísticas, así como da sua simboloxía e os atributos que identifican a personaxes e lugares.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
As dúas grandes series iconográficas da arte occidental son a mitoloxía clásica (imaxe 1) e a cristiá (imaxe 2).
Para que os lugares e personaxes nas obras artísticas sexan recoñecibles, é frecuente que os/as artistas empreguen elementos simbólicos, aludindo a textos, lendas ou á tradición iconográfica. Estes elementos chámanse atributos.
Os matices da diferencia conceptual entre iconografía e iconoloxía son pouco precisos; en realidade compleméntanse. A iconografía ocúpase da orixe e desenrolo dos temas figurados que se representan nas obras de arte, mentres que a iconoloxía descifra a súa evolución e significado.
Na imaxe de exemplo (imaxe 3), obsérvase a un home case espido, atado e cunha coroa de espiñas e con xesto doente. Ó seu carón, un patricio romano, amósao ao público. Por estes todos atributos, é un tema do Novo Testamento coñecido como Ecce Homo. E a pasaxe que narra o intre no que o gobernador romano Pilatos expón a Cristo nun momento da Paixón.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0
![(ca. 9 a.C.) "Tellus, nai terra e de Eneas" ou "Pax Augusta, Deusa da Paz" [relevo sobre mármore] Museo della´Ara Pacis Augustae, Roma Escena de tema mitolóxico. (ca. 9 a.C.) "Tellus, nai terra e de Eneas" ou "Pax Augusta, Deusa da Paz" [relevo sobre mármore] Museo della´Ara Pacis Augustae, Roma](ara_pacis_roma-(503).jpg)
![(ca. 1150) "Maxestade de Beget" [madeira de nogueira policromada], igrexa de San Cristóbal, Camprodón, Xirona Escultura de tema relixioso. (ca. 1150) "Maxestade de Beget" [madeira de nogueira policromada]](berget-(20).jpg)
![Castillo Lastrucci, Antonio (1928) "Sagrada Presentación de Xesús ao pobo" [conxunto escultórico en madeira policromada], igrexa de San Benito, Sevilla Castillo Lastrucci, Antonio (1928) "Sagrada Presentación de Xesús ao pobo" [conxunto escultórico en madeira policromada], igrexa de San Benito, Sevilla](pilato.jpg)