Entaboamento

Explicación

Ocultar

Esquema de entaboamentos das ordes clásicas gregas
María Villarino. Esquema de entaboamentos das ordes clásicas gregas (CC BY-SA)

Nas ordes clásicas divídese en arquitrabe, friso e cornixa. A sua orixe parece proceder dos antigos construtores que imitaran en pedra as formas coas que construían en madeira (o arquitrabe era onde se pousaban as trabes).

En cada unha das ordes, o entaboamento ten características específicas:

  • Orde dórica: o entaboamento está composto por arquitrabe liso e groso; friso decorado con métopas e tríglifos e cornixa sobresaínte.
  • Orde xónica: o entaboamento está composto de arquitrabe con platabandas (imaxe 1), friso corrido e decorado con relevos que descansa directamente sobre o arquitrabe e cornixa decorada con dentículos e .
  • Orde Corintia: o entaboamento, mide unha quinta parte do total e consta de arquitrabe, normalmente composto de tres platabandas; friso decorado con relevos, sen triglifos nin métopas e apoiado directamente sobre o arquitrabe; e cornixa que soe estar decorada cunha moldura saínte chamada cimacio.

Na arquitectura posterior, o entaboamento clásico foi modificado e reinterpretado (imaxe 2) e (imaxe 3)

Imaxe 1
(445 a.C.) Templo de Atenea Niké, Atenas
Fernando Díaz. Entaboamento dun templo grego de orde xónica (CC BY-SA)
Imaxe 2
Detalle do exterior do templo de Ausa en Vic (Barcelona). Arte romana (reconstruída no século XIX), século II
Fernando Díaz. Entaboamento nun templo romano (CC BY-SA)
Imaxe 3
Fachada neoclásica do Museo Műcsarnok de Budapest. Fülöp Herzog, Neoclásico, 1938.
Fernando Díaz. Entaboamento nun templo neoclásico (CC BY-SA)