Curva praxiteliana
Definición
Curva praxiteliana: contraposto moi marcado. Foi utilizado por vez primeira por Praxíteles no século IV a. C., de quen recibe o seu nome.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
A curva praxiteliana é un recurso expresivo na representación da figura humana onde o peso do corpo descansa nunha perna, o que produce movementos de direccións inversas en cadeira e ombreiros.
Nunha curva praxiteliana, os cadrís elévanse esaxeradamente dun lado creando un amplo arco coas pernas e có torso que se dirixen cara sentidos contrarios en forma de S, polo que tamén recibe o nome de “S Praxiteliano” (imaxe 1). Deste xeito, o eixo vertical da escultura, pártese pola cadeira, desprazándose o torso cara atrás (imaxe 2); dándolle maior sinuosidade ata o punto de que ténse que apoiar a escultura sobre un elemento externo, simulando panos, árbores, troncos…
Créase máis sensación de movemento e flexibilidade; amais de maior expresividade e sensualidade (imaxe 3).
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0
![Praxítles (Copia romana do século II) "Hermes" [escultura en pedra] Museos Vaticanos, Roma Praxítles (Copia romana do século II) "Hermes" [escultura en pedra] Museos Vaticanos, Roma](roma-(408).jpg)
![(Século II) " Sileno", [copia romana en mármore ]. Museo do Louvre (Século II) " Sileno", [copia romana en mármore de modelo grego en bronce]. Museo do Louvre](louvre-(68)0.jpg)
![de Bologna, Jean. "Neptuno", 1565. Fonte de Neptuno [escultura en bronce]. Bolonia, Italia. de Bologna, Jean. "Neptuno", 1565. Fonte de Neptuno [escultura en bronce]. Bolonia, Italia.](bologna-(3).jpg)