
Ciborio

Explicación
.jpg)
O ciborio sitúase sobre o cruceiro das igrexas. Ten forma de torre que pode ser de planta circular, cadrada ou poligonal.
A torre do ciborio soe ter grandes vans e ventanais, coa finalidade de alixerar o seu peso, alumar e ventilar. No interior poden cubrirse con cubertas abovedadas apoiándose en trompas ou pendentes (imaxe 1).
Pola súa disposición nun lugar importante do templo, sobre o transepto, altar maior e presbiterio, o ciborio soe decorarse con relevos, pinturas ou labor de lazaría. (imaxe 2).
Os primeiros ciborios románicos cúbrense con teitos simples e abovedados, pero a partir do Gótico irán adquirindo maior altura (imaxe 3) e riqueza decorativa.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0