Altorrelevo
Definición
Altorrelevo: termo escultórico referido ós relevos que sobresaen máis da metade do vulto da escultura.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
O relevo é una técnica escultórica non exenta. É dicir, non son esculturas de vulto redondo. Segundo sobresaia ese vulto poden ser: baixorrelevos, medio relevos e altorrelevos, e tamén ocorrelevos.
Os relevos realízanse sobre o muro polo que non poden ser observados dende tódolos ángulos. A/o espectadora/or non pode darlle a volta completa derredor. Por iso o relevo ten unha función fundamentalmente ornamental ou decorativa na arquitectura, por exemplo, pero tamén en outras obras como portas, sartegos, obxectos litúrxicos,...
Igual que outras técnicas escultóricas, o altorrelevo pode ter diferentes temas: vexetal (fitomórfica), animal (zoomórfica), escenas historiadas (mitolóxicas, relixiosas,...), xeométrica (lazaría, trazaría,...), etc.
Na arquitectura os relevos adoitan localizarse en portadas (imaxe 1), columnas, capiteis (imaxe 2), arcos (imaxe 3), cabeceiras, arquivoltas, frisos, etc…
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0