![Conde, Ramón (1994). "Caronte" [escultura en bronce] A Coruña: Torre de Hércules Escultura de Ramón Conde "Caronte" situada na Torre de Hércules en A Coruña. 1994, bronce.](canon.1.jpg)
Canon
![Conde, Ramón (1994). "Caronte" [escultura en bronce] A Coruña: Torre de Hércules Escultura de Ramón Conde "Caronte" situada na Torre de Hércules en A Coruña. 1994, bronce.](canon.1.jpg)
Definición
Canon: regras das proporcións conforme o tipo ideal. É o conxunto daquelas características que unha sociedade considera convencionalmente como fermoso ou atractivo, sexa nunha persoa ou nun obxecto. Foi estudado e teorizado ó longo das distintas épocas porque varían no tempo e segundo os estilos.
Lectura facilitada
<cotovia_GeITDR.mp3>
Apoio visual

Explicación
Os canones máis empregados na arte foron o canon da columna (en arquitectura) e o canon do corpo humano.
Na arte exipcia sistematizáronse as representacións humanas tomando de módulo o puño: ancho da man, incluíndo o polgar. Este módulo da lugar a outro de maiores dimensións como o cúbito pequeno: lonxitude do antebrazo dende o cóbado ata o dedo maior, é dicir, 4 puños e medio. Deste xeito, o corpo humano represéntase cunha altura total de dezaoito puños e establécense o resto de relacións proporcionais das distintas partes (imaxe 1).
Na Grecia Clásica, Polícleto teorizou sobre a proporción do corpo humano nun libro chamado Kanon (no século V). O texto non se conserva, mais atopamos a súa aplicación práctica nas esculturas do Doríforo e do Diadúmeno. Estabeleceu como módulo a medida da cabeza, sendo a altura igual a sete veces ésta. Un século despois, Lisipo alonga o canon a sete cabezas e media como se observa no Apoxiomenos. O mesmo fará Práxiteles e outros escultores do século IV que buscan unha beleza máis idealizada, afastada da realidade (imaxe 2).


As ordes arquitectónicas xurden na arte clásica coa finalidade de establecer unha relación proporcional entre os elementos de sustentación (columna) e sostidos (lintel). Cada orde toma como módulo de referencia o raio do fuste na base. Por exemplo, a columna de orde dórica mide trece módulos e o seu arquitrabe mide tres (imaxe 3); a columna xónica mide dezaoito módulos e o seu arquitrabe catro (imaxe 4); e a columna corintia mide vinte módulos e o seu arquitrabe 4 (imaxe 5) .
As ordes clásicas propoñen un esquema para ordenar as partes do entaboamento (arquitrabe, friso, cornixa), do capitel (ábaco, equino, colariño), do fuste (acanaladuras, estrías, ...), da base (escocia, toro, listel...),....



Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0