Cadro de Historia
Definición
Cadro de Historia: xénero pictórico que narra unha historia. Esta acción narrada pode ser verídica ou non. Pode ser unha pasaxe histórica, lexendaria, mitolóxica, relixiosa, literaria, etc … Pode ter un carácter conmemorativo, propagandístico ou moralizante.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
Dende o Renacemento, tomando o testigo da Idade Antiga, considérase como o xénero pictórico principal. Non será ata o século XIX cando outros xéneros gañen importancia.
O cadro de Historia caracterízase no seu contido por ser unha pintura narrativa: a escena que se representa conta unha historia real ou fantástica (imaxe 1). Pode ter un carácter moralizante, conmemorativo, propagandístico, didáctico,...(imaxe 2)
Soen ser pinturas de grande formato e numerosos protagonistas, composicións complexas nun escenario teatral (imaxe 3).
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0
![David, Jacques Louis (1799). "O rapto das sabinas" [óleo sobre lenzo]. Museo do Louvre, París David, Jacques Louis (1799). "O rapto das sabinas" [óleo sobre lenzo]. Museo do Louvre, París](louvre-(111).jpg)
![Scheffer, Ary (1827). "As mulleres souliotas" [óleo sobre lenzo]. Museo do Louvre, París Scheffer, Ary (1827). "As mulleres souliotas" [óleo sobre lenzo]. Museo do Louvre, París](louvre-(104).jpg)
![David, Jacques Louis (1806). " A consagración de Napoleón" [óleo sobre lenzo] Museo do Louvre David, Jacques Louis (1806). " A consagración de Napoleón" [óleo sobre lenzo] Museo do Louvre](louvre-(106).jpg)