Arquitrabe
Definición
Arquitrabe: elemento arquitectónico horizontal paralelo ó chan que define ás estructuras arquitrabadas ou de cubertas planas. Nas ordes arquitectónicas clásicas, é unha parte do entaboamento sobre os capiteis das columnas e no que descansa o friso.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
O arquitrabe, xunto a friso e cornixa, é un elemento do entaboamento nas ordes clásicas.
A arquitectura megalítica era eminentemente arquitrabada (imaxe 1).
Moitos pobos do Mediterráneo empregan esta técnica construtiva, como exipcios ou exeos, que máis tarde pasará ó mundo clásico (imaxe 2). Serán os romanos os que incorporan arcos e bóvedas á estructura alintelada herdada (imaxe 3). Na arquitectura Medieval, Renacentista, Barroca e Neoclásica interprétanse os modelos clásicos.
Tamén se lle pode chamar lintel. Polo tanto, un sinónimo de arquitectura arquitrabada sería arquitectura alintelada.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0