Proxecto Ende
Tímpano
Definición
Tímpano: espazo delimitado polo lintel e as arquivoltas en vans (portas, fiestras,...) Nos templos clásicos soe chamarse frontón e é o espazo triangular comprendido entre o entaboamento e a cuberta a dúas augas.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
Os tímpanos e os frontóns soen estar decorados con relevos (altorrelevos, baixorrelevos), pinturas ou mosaicos (imaxe 1).
Os tímpanos tamén poden estar decorados con trazaría calada, propia do estilo gótico (imaxe 2).
Os tímpanos ou frontóns son un elemento construtivo pero tamén poden ser estritamente decorativos nas fachadas, sobre portas e fiestras: tímpanos curvos, frontóns, tímpanos partidos (imaxe 3)
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0