Saltar navegación

Parteluz

Definición

Parteluz: elemento arquitectónico construtivo ou decorativo disposto no centro do van dunha fiestra ou dunha porta, partindo a luz dese van. O resultado é un van xeminado ou bíforo. Nas fiestras pode chamarse mainel ou montante.

Apoio visual

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Explicación

Posible elementos dunha portada, un deles o parteluz
María Villarino. Posibles elementos dunha portada (CC BY-SA)



O parteluz pode ser unha columna ou un piar (simple, cruciforme, composto, con elementos apegados,...)

Dispónse baixo un tímpano ou un arco dunha portada ou dunha xanela. É característico das portadas románicas e góticas (imaxe 1).

Tamén pode estar decorado con esculturas (estatua columna, altorrelevo, baixorrelevo,...) formando un conxunto iconográfico coas xambas, arquivoltas, e  outros posibles compoñentes das portadas (imaxe 2).

Cando o parteluz divide unha fiestra a modo de montante, resulta unha ventá partida chamada aximez ou bífora. Oaximez é moi característico da arte gótica e islámica (imaxe 3).

 

Imaxe 1
(Século XII) Igrexa de San Trófimo, Arlés
Fernando Díaz. Parteluz nunha portada románica (CC BY-SA)
Imaxe 2
(século XIII) Vista exterior da "Porta do Perdón", catedral de Santa María, Toledo
Fernando Díaz. Decoración vexetal e escultura nun parteluz gótico que forma un conxunto cós relevos do tímpano e arquivoltas (CC BY-SA)
Imaxe 3
(Século XIX) Fiestra da "Sala dos Reis Católicos", Alcázar de Sevilla
Fernando Díaz. Aximez neomudéxar con mainel romano reutilizado (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)