Saltar navegación

Pilastra

Descripción

Pilastrapiar  apegado ó muro. Pode ter unha función decorativa ou construtiva.

Apoio visual

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Eplicación

(1896) Detalle da fachada, Hotel New York, Budapest
Fernando Díaz. Pilastra decorativa con fustes estriados e capiteis xónicos nunha fachada neoclásica (CC BY-SA)

A orixe das pilastras atopámola nalgúns templos do antigo Exipto aínda que será a arquitectura romana a que popularizou o seu uso como elemento de sustentación (imaxe 1).

No románico, ás veces, as pilastras alárganse adoitando únicamente unha función decorativa, entón chámanse lesenas. A lesena pode enlazar con arcadas cegas decorativas, o que recibe o nome de bandas e arcos lombardos (imaxe2).

A pilastra pode ter a mesma estrutura ca columna: base, corpo ou fuste (decorado con relevos, estriado ou liso) e capitel (segundo as ordes arquitectónicas clásicas ou decorado con outros motivos) (imaxe 3).

Imaxe 1
Pilastra nun edificio romano (80-90) Anfiteatro romano "Arenes", Arlés, Francia
Fernando Díaz. Pilastra nun edificio romano (CC BY-SA)
Imaxe 2
(1030) Igrexa de San Caprasio, Santa Cruz de la Serós, Huesca
Fernando Díaz. Arcos lombardos e lesenas no exterior dunha igrexa románica (CC BY-SA)
Imaxe 3
della Porta, Giacomo (1584) Fachada do Gesú, Roma
Fernando Díaz. Pilastras con capiteis corintios nunha fachada renacentista (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)