Saltar navegación

Cornixa

Definición

Cornixa: elemento arquitectónico do sistema arquitrabado. É  a parte superior e máis saínte do entaboamento. Pode compoñerse de varias molduras.

Apoio visual

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Explicación

María Villarino. Cornixas nas ordes clásicas (CC BY-SA)

A cornixa ten como función principal evitar ca auga da choiva incida directamente sobre o muro ou esvarando polo mesmo, ademais de rematar a cuberta do edificio.

Nas ordes clásicas é a parte superior do entaboamento sobre o friso e está composta de varias molduras (imaxe 1). Enmarca os frontóns.

A arquitectura románica e mozárabe tomaron da estrutura clásica e islámica a importancia da cornixa. A cornixa nas edificacións románicas sobresae moito do muro e, ás veces, suxeitase con canzorros  decorados con relevos (imaxe 2).

Estilos artísticos posteriores, copiaron e interpretraron os modelos da arquitectura da Grecia clásica (imaxe 3).

Imaxe 1
Detalle de entaboamento e cornixa do templo "Maison Carrée" de Nimes (Francia). Arte romana, século I a.C.
Fernando Díaz. Cornixa dun templo romano (CC BY-NC-SA)
Imaxe 2
(Século XIII) Igrexa de Santa María, Santa Cruz da Serós, Huesca
Fernando Díaz . Detalle de cornixa románica con canzorros decorados con animais fantásticos (CC BY-SA)
Imaxe 3
Bernini, Gian Lorenzo (1668). Detalle da Columnata, San Pedro do Vaticano
Fernando Díaz. Cornixa renacentista (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)