Saltar navegación

Tríglifo

Definición

Tríglifo: ornamento arquitectónico característico do friso dórico con forma rectangular, máis alto que ancho, con tres bandas verticais separadas por dúas acanaladuras ou glifos completos e dous semiglifos, un en cada extremo. Este motivo do friso altérnase coa métopa.

Apoio visual

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Explicación

Elementos da orde dórica
María Villarino. Esquema da orde dórica (CC BY-SA)

  

É probable que os tríglifos representaran as cabezas rectangulares das trabes utilizadas na construción dos primitivos templos de madeira que precederon á arquitectura grega en pedra. Segundo Vitrubio, estas cabeceiras cortábanse de forma similar ós tríglifos e pintábanse con cera azul.

Alíñanse sobre as columnas no medio do intercolumnio. Debaixo deles hai unha pequena moldura da que penduran seis pingas de pedra (imaxe 1).

Aínda que os tríglifos, como parte do friso dórico, popularízanse na Antigüidade Clásica, son recorrentes en estilos posteriores: Románico (imaxe 2), Renacemento (imaxe 3), Barroco, Neoclásico, etc...

Imaxe 1
Ybl, Miklós (1884) Edificio da Ópera Nacional de Hungría, Budapest
Fernando Díaz. Pingas baixo os tríglifos (CC BY-SA)
Imaxe 2
(Século XII) Porta de Praterías, catedral de Santiago de Compostela
Fernando Díaz. Algúns autores ven no espazo cadrado e decorado entre canzorros románicos, unha reinterpretación dos tríglifos (CC BY-SA)
Imaxe 3
de Herrera, Juan (1563) Fachada da basílica de San Lorenzo, El Escorial
Fernando Díaz. Fachada renacentista de inspiración dórica (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)