Ménsula
Definición
Ménsula: elemento arquitectónico que sobresae do plano do paramento dun edificio. Pode ser decorativa ou ter unha función construtiva para soster unha escultura, o arrinque dun arco,...
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
Unha ménsula, pode cumprir unha función construtiva e soster unha carga do teito do edificio: o nervio dunha bóveda, a rosca dun arco, una pilastra (imaxe 1), , a trompa dunha cúpula,....
Tamén pode soster elementos ornamentais, por exemplo, unha escultura (imaxe 2).
Sexan ménsulas de sustentación ou decorativas poden estar decoradas con relevos, pinturas, azulexados, etc... Os motivos ornamentais poden ser vexetais, tipográficos, xeométricos ou mixtos. Ás veces están decoradas con elementos antropomorfos (imaxe 3) ou zoomorfos.
Que ten forma ou apariencia humana
Que ten forma ou apariencia de animal
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0