Saltar navegación

Arco rebaixado

Definición

Arco rebaixado: arco que ten unha luz trazada con un centro máis baixo da liña de imposta. Pode ser de calqueira tipo: de medio punto, apuntado, ferradura,…pero con esa característica.

Apoio visual

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Explicación

Partes do arco
María Villarino. Partes do arco (CC BY-SA)

 

O centro do segmento de circunferencia que describe a curva dun arco rebaixado está por baixo da liña de imposta. A frecha do arco rebaixado é inferior á luz do mesmo.

O arco rebaixado pode ter forma de medio punto, de ferradura,...e aplícase tamén a bóvedas (imaxe 1).

Hai dous tipos de arcos rebaixados:

  • Arco escarzano, que ten o centro do arco por baixo da liña de impostas (imaxe 2).
  • Arco carpanel, formado cun número impar de arcos de circunferencia, ten forma de medio óvalo ou elipse.

O arco rebaixado foi moi empregado en diferentes estilos arquitectónicos dende a arte romana ou o Modernismo (imaxe 3).

Imaxe 1
Arco rebaixado "carpanel" no sotocoro da igrexa do mosteiro de Santa María a Real de Oseira, Cea (Ourense). Gótico ,século XIII
Fernando Díaz. Bóveda rebaixada no sotocoro dunha igrexa (CC BY-SA)
Imaxe 2
Rodríguez Carpintero, Alonso (Século XV) Portada das Escolas Maiores, Universidade de Salamanca
Fernando Díaz. Arcos rebaixados nunha portada plateresca (CC BY-SA)
Imaxe 3
Barenys i Gambús, Josep (1913) "Casa Vallés i Xiró", Barcelona
Fernando Díaz. Arco rebaixado nunha porta estilo Art Nouveau (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)