Perspectiva xerárquica
Definición
Perspectiva xerárquica: perspectiva na que as figuras representadas dispóñense por tamaños segundo sexa a sua relevancia e importancia.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
Toda perspectiva é unha forma de representalo espazo nunha superficie bidimensional, aínda que este tipo de perspectiva non pretende evocar a realidade natural senon a simbólica.
A perspectiva xerárquica foi empregada por artistas dende a Prehistoria, tanto en escenas como en partes dunha figura en solitario (agrandar unha man, un ollo, as poutas,...). Aínda que, esencialmente, fai referencia á xerarquización por tamaños segundo a orde e importancia, como indica o propio termo.
En Mesopotamia e Exipto, as figuras represéntanse con tamaños proporcionais segundo a importancia social ou o protagonismo na escena (imaxe 1).
Outras veces, a escena componse segundo unha xerarquía espiritual, é dicir, cun tamaño dado pola súa proximidade á divinidade (imaxe 2). A perspectiva xerárquica convírtese nun recurso que reforza a función simbólica, didáctica e propagandística da obra (imaxe 3).
Dende o Renacemento cobra máis importancia a representación do natural, e polo tanto, substitúese esta persepectiva simbólica por outras naturalistas: lineal, aérea, axonométrica, militar,...
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0