Saltar navegación

Columna salomónica

Definición

Columna salomónica: columna de fuste helicoidal típica do barroco europeo. Crese que así eran as columnas do templo do Rei Salomón, de aí o seu nome. Soese decorar o fuste con follas, acios e pampos de vide. Chámaselle tamén, columna torsa ou entortada.

Apoio visual

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Explicación

Retablo das reliquias da Catedral de Santiago de Compostela. Bernardo Cabrera, barroco, 1625.
Fernando Díaz. Columnas salomónicas (CC BY-SA)

As columnas con estrías helicoidais xa existían dende a arte romana, e atopamos exemplos na arte bizantina e na arte medieval (imaxe 1).

Cando Gian Lorenzo Bernini realizou o monumental baldaquino da basílica de San Pedro do Vaticano en 1623, as columnas salomónicas popularizáronse por toda Europa, converténdose nun elemento característico da arquitectura barroca.

O primeiro exemplo documentado do uso de columnas salomónicas en España, atopámolo no retablo "das reliquias" da catedral de Santiago de Compostela (imaxe 2).

As columnas salomónicas decoradas con follas de vide e acios de uva, é un elemento sustentante e decorativo en retablos, mobles e portadas. (imaxe 3).

Imaxe 1
Detalle do fuste de dous columnas: unha da da sala capitular ou "das palmeiras" do mosteiro de Santa María de Oseira. Gótico, século XV e outra da "Porta de Praterías" da catedral de Santiago, románico (século XII)
Fernando Díaz. Columnas con estrías helicoidales (CC BY-SA)
Imaxe 2
Retablo das reliquias da Catedral de Santiago de Compostela. Bernardo Cabrera, barroco, 1625.
Fernando Díaz. Primeiras columnas salomónicas en España (CC BY-SA)
Imaxe 3
Columnas salomónicas no retablo maior da igrexa Santa Caridade de Sevilla. Pedro Roldán, barroco, 1674
Fernando Díaz. Columnas salomónicas nun retablo barroco (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)