Perspectiva aérea
Definición
Perspectiva aérea: perspectiva que intenta representar a atmosfera que envolve ós obxectos, debuxando os do fondo máis esvaídos para dar a impresión de distancia espacial.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
A perspectiva aérea é un recurso pictórico baseado na observación da realidade. Tenta recrear a incidencia dos contextos mudables como distancias, luz ou fenómenos atmosféricos na representación do espazo, especialmente en paisaxes.
A perspectiva aérea válese do progresivo desenfoque dos contornos, esvaecendo as liñas, atenuando os claroscuros e incrementando os tons azuis das formas máis alonxadas do primeiro plano.
O estudo da perspectiva aérea naceu no Renacemento ao mesmo tempo que o estudo da perspectiva lineal, da man de artistas como Leonardo da Vinci, famoso polos seus esfumados. Pero xa antes, a escola flamenga (imaxe 1), e posteriormente venecianos, barrocos (imaxe 2) ou séculos máis tarde, os impresionistas (imaxe 3), empregárona e perfeccionárona.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0
![Van Eyck, Jan (1435) "Virxe do chanceler Rolin" [óleo sobre táboa] Museo do Louvre, París Van Eyck, Jan (1435) "Virxe do chanceler Rolin" [óleo sobre táboa] Museo do Louvre, París](louvre-(130).jpg)
![van Rijn, Rembrandt (1632) "Filósofo en meditación" [óleo sobre táboa] Museo de Louvre, París Cadro barroco con perspectiva aérea nunha escena de interior. van Rijn, Rembrandt (1632) "Filósofo en meditación" [óleo sobre táboa] Museo de Louvre, París](louvre-(150).jpg)
![Monet, Claude (1875) "Xeo en Bougival" [óleo sobre lenzo] Museo de Louvre, París Efectos ambientais e metereolóxicos nunha paisaxe nevado nun cadro impresionista. Monet, Claude (1875) "Xeo en Bougival" [óleo sobre lenzo] Museo de Louvre, París](louvre-(14)0.jpg)