Presbiterio
Definición
Presbiterio: espazo que arrodea o altar maior e que está separado da nave por chanzos ou por unha cancela.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
Nunha igrexa de planta de cruz latina ou basilical, o presbiterio sitúase na cabeceira ou na ábsida, nun extremo da nave central. Mentres que nas igrexas de planta de cruz grega sitúase no cruceiro.
O presbiterio precede ó altar maior e soe ser o lugar destinado para o coro nas catedrais, colexiatas e igrexas monásticas. O arco que da entrada o presbiterio chámase arco triunfal e soe estar máis profusamente decorado (imaxe 1).
Estaba reservado para o clero con máis idade, de aí a súa significación grega (presbyteros).
É o lugar onde se celebra o rito da Eucaristía e estaba resérvase a oficiantes, presbíteros e acólitos. Como lugar eminente, destácase do resto do templo: pode estar nun plano máis elevado (herdado das basílicas romanas, imaxe 2) e, ás veces, péchase cunha varanda ou unha reixa de madeira ou forxa (imaxe 3).
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0