Saltar navegación

Arquivolta

Definición

Arquivolta: cara frontal dun arco ou rosca cando está decorada. En plural, fai referencia ó conxunto de arcos concéntricos abucinados que forman unha portada, xeralmente románicas e góticas.

Apoio visual

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Explicación

Posibles elementos dunha portada
María Villarino. Posibles elementos dunha portada (CC BY-SA)

 

A arquivolta ten finalidade organizar unha portada abucinada (imaxe 1). As roscas decóranse tanto no intradorso como no extradorso (imaxe 2).

No románico as arquivoltas das portadas principais son decoradas con relevos, dispostos xeralmente de forma radial.

Nas portadas góticas, as arquivoltas apuntadas  soen están decoradas con relevos colocados no sentido do arco dende a liña de imposta ata a clave (imaxe 3).

Imaxe 1
Arquivoltas na portada da igrexa de Santa María de Santa Cruz de la Serós (Huesca). Arte románica, século XII
Fernando Díaz. Arquivoltas organizando o abucinamento dunha portada (CC BY-SA)
Imaxe 2
Arquivoltas decoradas con motivos xeométricos na Seo de Lleida
Fernando Díaz. Arquivoltas decoradas no seu intradorso e extradorso con motivos xeométricos (CC BY-SA)
Imaxe 3
Esculturas dispostas radialmente sobre portada occidental da catedral de Santa María de León. Gótico, século XIII
Fernando Díaz. Esculturas en arquivoltas ordenadas cara ó vértice (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)