
Proxecto Ende
Capitel xónico

Definición
Capitel xónico: tipo de capitel da columna de orde xónica grega. O capitel componse dun equino con dúas volutas ou espirais e un ábaco rectangular.
Lectura facilitada
<cotovia_zQ0kVd.mp3>
Apoio visual

Explicación

A orde xónica tivo a sua orixe en torno ó século VI a.C. polo que é a segunda das ordes clásicas.
A orde xónica compónse de:
- Base (toro e escocia).
- Fuste con acanaladuras en chafrán.
- Capitel decorado con dúas grandes volutas nos cantos e unha liña de ovas sobre o astrágalo (imaxe 1). A arquitectura romana aplicou variacións como o capitel "xónico de esquina", con volutas nos catro ángulos (imaxe 2).
- Entaboamento composto de:
- Arquitrabe con platabandas.
- Friso corrido e decorado con relevos que descansa directamente sobre o arquitrabe.
- Cornixa decorada con dentículos.
Os capiteis xónicos foron reinterpretados posteriormente na Idade Media, Renacemento, o Barroco (imaxe 3) ou no Neoclásico,...
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0