Retrato
Definición
Retrato: xénero artístico que consiste na reprodución dos caracteres físicos e psicolóxicos dunha ou varias persoas; principalmente en escultura, pintura ou fotografía.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
En xeral, referímonos ó retrato como o retrato fisionómico que analiza e plasma as particularidades individuais do personaxe retratado para poder ser identificado. Como tal, aparece no século V a. C. sobre as moedas dos reis persas. Aínda que no Antigo Exipto realizánse con carácter simbólico, como por exemplo, os retratos dos defuntos nas tumbas. O seu uso expandiuse polo Mediterráneo.
O retrato cumple tamén unha función política, propagandística ou simplemente memorial.
Na época romana, o retrato viviu un momento esplendoroso. Realízanse retratos de persoeiros (imaxe 1), tanto en pintura, mosaico ou escultura, cunha función funeraria ou honorífica. Ás veces retrátanse sobre un cabalo (estatua ecuestre).
A arte medieval, eminentemente simbólica, abandona o gusto polo retrato fisionómico que recupera o Quattrocento italiano e a escola flamenga, co emprego da técnica do óleo. Entón, convírtese nun xénero de encargo e, polo tanto, restrinxe ó artista que ten que reproducir o parecido e ademáis captala súa personalidade.
Dende o Renacemento, os artistas autorretrátanse como medio de investigación da psicoloxía humana. Grandes artistas como Van Gogh, Rembrandt, Frida Kahlo ou Durero (imaxe 2) producen grande cantidade de autorretratos na súa vida plasmando o paso do tempo e os estados anímicos.
Dende o século XIX o retrato convírtese nun obxecto de consumo da burguesía, e moitos artistas especializaranse nel (imaxe 3).
Neste xénero hai dúas tendencias principais: realista (mostra a realidade cos seus defectos) e idealizado (busca a beleza ideal). Tamén podería engadirse a variante caricaturesca, que esaxera determinados trazos buscando un efecto cómico ou crítico, moi común na prensa e mass media a partir do século XIX.
Vivian Dorothy Maier retratouse durante 4 décadas coa súa cámara fotográfica polas rúas de Nova York e Chicago, se cabe pódese considerar o referente directo do actual selfie (xa un subxénero en si mesmo).
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0