Saltar navegación

Rosetón

Definición

Rosetón: van circular calado por lazaría que pode ter vidreiras. Típico da arte medieval. 

Apoio visual

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Explicación

(Século XIII) Saint Chapelle, París
Fernando Díaz. Vista interior dun rosetón gótico (CC BY-SA)

O rosetón naceu na arquitectura románica, empregando a estrutura dun óculo romano, ante a necesidade de alumear o interior das igrexas. Xeralmente, situábase na fachada occidental e tiña unha decoración sinxela (imaxe 1).

A partir do século XII, é a orde do Císter a que introduce o rosetón como elemento decorativo das súas austeras fachadas (como o caso dos mosteiros da Ribeira Sacra). Os rosetóns van complicando o seu deseño. Multiplícanse en diferentes espazos: naves centrais, laterais ou ábsidas (imaxe 2), e decóranse con vidreiras. Isto crea un efecto de luz e cor no interior dos templos que reforza o seu significado de cidade celestial.

O rosetón garda unha simetría radial ou central e combina o van e as partes labradas en pedra. Este labor chámase lazaría ou trazaría (imaxe 3).

O rosetón ten unha dobre simboloxía segundo algúns autores: a luz simboliza a Cristo e a rosa, que da nome ó termo, remite á Virxe. Disque tamén pode haber un significado espiritual no número de partes nas que se divide. 

Imaxe 1
(Século XII) Igrexa de San Zenón, Verona, Italia
Fernando Díaz. Rosetón na fachada occidental (CC BY-SA)
Imaxe 2
(Século XIII) Catedral de San Pedro, Worms
Fernando Díaz. Rosetóns nunha ábsida (CC BY-SA)
Imaxe 3
(Século XIII) Catedral de Notre Dame, París
Fernando Díaz. Rosetón con trazaría e vidreiras (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)