Saltar navegación

Desafíos

Situacións de aprendizaxe

Amosamos un almanaque de actividades que poden ser adaptadas para os distintos niveis e eventos do curso escolar.

Desafío I "Correspondente de Arte"

Tes que dar unha nova na que fales dun edificio medieval que elixas (da túa contorna preferiblemente). 

Ten que ter a seguinte estrutura:

  • Breve historia construtiva
  • Descrición: 
    • tipo de planta
    • elementos de sustentación
    • elementos sustentados

Desafío II "Safari fotográfico"

Nesta actividade tés que fotografar cada un dos termos que traballaches no trimestre. A condición é que sexan da túa contorna preferiblemente.

Con este material pódese elaborar un álbum, a modo de caderno de artista, co resultado final.

Desafío III "Tod@s somos Ende"

Deseña unha portada románica coas suas partes principais. Ten que ter tímpano, arquivoltas, xambas e parteluz. Todo elo decorado cun programa iconográfico. Este programa pódelo crear ti mesmo da temática que escollas: relixiosa, mitolóxica, da túa vida persoal, etc... Este deseño pódese convertir nunha portada tridimensional aproveitando a porta da aula ou outro van que escollas. Pódese plantexar como un concurso de decoración de portas das aulas para Samaín.

Desafío IV "Traballamos en equipo"

Por grupos, elaborar un audio coa descrición dos principais monumentos para que se ligue en paneis explicativos mediante códigos QR. Pódese presentar ó Concello, asociacións locais,...Tamén pode completarse cunha actividade final de guiar a visita doutros grupos.

Desafío V "Por amor á Arte"

Tratariase de construir unha maqueta 3d dunha bóveda, arco, columnas de orde clásica,...Trátase de buscar a interdisciplinariedade e colaboración interdepartamental do centro educativo podéndose plantexar como un proxecto de escenografía dunha obra de teatro, videoclip, curtametraxe...

Desafío VI "Reto lingüístico"

Constrúe un poema rimado ou unha cantiga de calquera xénero no que empregues a lo menos dez termos artísticos con sentido figurado. Pódese interpretar en público.

Desafío VII "O fío vermello"

Escolle un/ha artista, unha obra ou un elemento do dicionario....e lígao contigo nun máximo de seis chanzos. Por exemplo, o fío vermello que me une co cadro "O nacemento de Venus". En seis fitos como máximo debería trazalo camiño que me vincula a esta obra de arte:

  • Nacín o 1 de marzo- Botticelli naceu o mesmo día- Botticelli pintou o "O nacemento de Venus"...tres chanzos

Desafío VIII "As Artes de festa"

Para conmemorar o Día das Artes Galegas, 1 de abril día no que rematan as obras do Pórtico da Gloria e o Día Mundial da Arte, 15 de abril aniversario de Leonardo Da Vinci, escolle unha temática e representaa en calquera formato. Por exemplo:

  • Facer unha pintura "vivinte", teatralizar unha escultura, interpretala por medio dunha performance, en banda deseñada, con perfopoesía....
  • Adicarlle a celebración a un/ha artista e traballar sobre a sua vida e obra ou a un movemento artístico e traballalo dende distintos puntos de vista e materias.
  • Organizar unhas Olimpiadas Artísticas con probas como: Pictionary, Palabra Prohibida, un Trivial, Adiviñar con xestos, Aforcado,...

Desafío IX "Perspectiva de Xénero"

Xa que moito se fala dela, dende a Historia da Arte xa definimos o que é a perspectiva. Un termo que ven do latín perspicere  e que significa mirar a través de. Aplicada ó xénero trátase de analizar a representación dos distintos xéneros na Arte. Popoñemos que escollan unha pintura onde se aparezan representadas persoas de distinto xénero e que cambien os roles. É dicir, que reproduzan a mesma obra pero desta vez, as mulleres ocupen os roles dos homes e os homes os das mulleres. Invitamos á reflexión sobre: atributos, actitudes, xestos, accións, rango xerárquico,... 

Preparación ABAU

ABAU 2020. 

Defina e explique dous dos oito conceptos resaltados no texto:

  1. Vin o selfie que subiches a instagram coa túa camisa a cadros inspirada no Neoplasticismo utilizando só cores planas e cores primarias, ademais do negro e o branco. Consecuentemente ela non ten cores secundarias nin tampouco complementarias. Detrás tés un cadro de rico modelado, a medio camiño entre o plástico, o pictórico e un pouco de esfumado. De quen é?
  2. A fachada era monumental. Oito columnas de capitel composto e longo fuste de acusado éntase que soportaban un entaboamento e un friso composto de tríglifos e métopas sobre o que descansaba o frontón que albergaba un tímpano con esculturas.


ABAU 2021

Defina dous dos catro conceptos seguintes:

  1. Altorrelevo, estatua ecuestre, entaboamento e paisaxe.
  2. Arcobotante, perspectiva xerárquica, tríglifo e bodegón.
  3. Baixorrelevo, plan central, cadro de Historia e iconografía.
  4. Cúpula, xamba, cor primaria e éntase.
  5. Arco de faixa, pilastra, capitel corintio e planta de cruz latina.
  6. Arcobotante, perspectiva xerárquica, tríglifo e bodegón.
  7. Capitel composto, veladura, planta de cruz grega e fuste.
  8. Éntase, piar, métopa e entaboamento.
  9. Arco de faixa, pilastra, capitel corintio, planta de cruz latina
  10. Cúpula, xamba, cor primaria e éntase.

ABAU 2022

Defina dous dos catro conceptos seguintes:

  1. Arcobotante, perspectiva xerárquica, tríglifo e bóveda de cruzaría.
  2. Capitel composto, rosetón, planta de cruz grega e fuste.
  3. Éntase, piar, métopa e entaboamento.
  4. Arco de faixa, pilastra, capitel corintio e planta de cruz latina.
  5. Trompa, bodegón, cornixa e cúpula.
  6. Ábsida, ménsula, friso e esfumado
  7. Clave dun arco, arco de medio punto, retrato e tímpano.
  8. Arquivolta, deambulatorio, liña serpentinata e estatua columna.
  9. Bóveda de canón, parteluz, técnica de panos mollados e métopa
  10. Contraposto, piar, planta de cruz grega e triforio.

ABAU 2023

Defina dous dos catro conceptos seguintes:

  1. Ábsida, ménsula, friso e esfumado.
  2. Arquivolta, deambulatorio, liña serpentina e estatua columna.
  3. Éntase, piar, métopa e entaboamento.
  4. Bóveda de canón, parteluz, técnica de panos mollados e cornixa.
  5. Tímpano, base, cor complementaria e fuste.
  6. Arcobotante, perspectiva xerárquica, tríglifo e bóveda de cruzaría.
  7. Arquivolta, deambulatorio, liña serpentina e estatua columna.
  8. Éntase, piar, métopa e entaboamento.
  9. Arco de faixa, pilastra, capitel corintio e planta de cruz latina.
  10. Tímpano, base, cor complementaria, fuste.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)