Arco de ferradura
Definición
Arco de ferradura: tipo de arco ultrasemicircular xa que a sua curva é máis ampla que un semicírculo e que por tanto ten forma de ferradura.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
O arco de ferradura existiu dende a arte persa, dalí pasou a Roma e logo á arquitectura visigoda (imaxe 1).
O Islam tomouno como elemento representativo da súa arquitectura, chamándose arco de ferradura califal (imaxe 2). O arco de ferradura califal está enmarcado nun alfiz e pode estar amplamente decorado e policromado nese espazo chamado enxunta (entre o extradorso do arco e o alfiz).
O arco de ferradura visigodo ten un peralte dunha terceira parte do raio do arco (da frecha), mentres que o califal ten un peralte da metade do mesmo.
Encontramos arcos de ferradura na arte mozárabe (imaxe 3) e na arte románica e mudéxar, por esa influencia islámica.
Séculos mais tarde serán reinterpretados por estilos posteriores: Historicismo, Modernismo, Rexionalismo...
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0