Capitel composto
Definición
Capitel composto: capitel propio da columna de orde composta, creada polos romanos. O capitel é un dos elementos que definen esta orde xa que mestura as volutas do xónico e as follas de acanto do corintio.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
O capitel composto pertence a unha orde creada pola arquitectura romana a partir dunha mestura de varias ordes clásicas. Polas súas proporcións foi considerada durante siglos como unha variante romana da corintia, só que cunha base decorada con molduras a modo de capitel dórico invertido.
O capitel composto toma as volutas do capitel xónico na súa parte superior, e as follas de acanto (herba cepeira ou herba da bruxa) do corintio na parte inferior. Os espazos entre volutas soen decorarse con relevos e figuras. (imaxe1)
Os estilos inspirados na arte clásica, interpretaron o capitel composto. Emporiso atopamos exemplos románicos (imaxe 2), islámicos, góticos, renacentistas, barrocos (imaxe 3) e neoclásicos.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0