
Contraforte

Definición
Contraforte: engrosamento no muro, normalmente cara o exterior, usado para transmitir as cargas transversais á cimentación e reforzar o paramento. Os contrafortes permiten ó muro resistir os empuxes das bóvedas. Chámase tamén estribo.
Lectura facilitada
<cotovia_4HmGJ1.mp3>
Apoio visual

Explicación

Xunto ó piar e á columna, o contraforte é un dos principais elementos arquitectónicos de sustentación nunha edificación. Coñécense dende tempos antigos sendo característicos da arquitectura románica e gótica.
Nas obras de enxeñería romana (pontes, acuedutos, represas,..) xa se empregan contrafortes, máis non vinculados a construccións a dúas augas abovedadas.
Na arte visigoda úsanse os contrafortes como reforzo do muro (imaxe 1) aparecendo na arquitectura asturiana un sistema de empuxes que se corresponden no interior cos arcos de faixa da bóveda de canón . Este sistema despois xeralizarase no románico (imaxe 2).
Nas construccións de grande altura do Gótico, os contrafortes afástanse do muro e reciben o peso das bóvedas por medio dos arcobotantes (imaxe 3).
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0