Arco peraltado
Definición
Arco peraltado: díse do arco de calquera tipo (medio punto, apuntado, ferradura,…) que ten peralte, é dicir, que sobrepasa verticalmente a media circunferencia incluíndo máis doelas sobre as impostas. O peralte tamén pode ser unha calidade das bóvedas.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
Recibe este nome polo peralte: doela no saimel alongada ou engadida dende onde arrinca o arco.
Os primeiros arcos peraltados usáronse na arte asturiana e de aí pasa á arte románica (imaxe 1). Logo empregaránse no Gótico, Renacemento, Barroco....
Pola súa propia definición, presenta tramos rectilíneos por riba da liña de imposta. É un recurso para dar máis altura e verticalidade ós váns de portas e fiestras (imaxe 2).
O máis común é o arco peraltado de medio punto, aínda que tamén hai arcos de ferradura ou apuntados (imaxe 3) con peralte.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0