
Arco de faixa

Definición
Arco de faixa: tipo de arco denominado así pola sua función de soster ou cinguir a bóveda, a modo de reforzo transversal ó eixo da nave. Pode ser de diferentes formas: de medio punto, de ferradura, apuntado,…
Lectura facilitada
<cotovia_AtoP51.mp3>
Apoio visual

Explicación
.jpg)
Os arcos de faixa apoianse nos piares, pilastras ou columnas que sosteñen a cuberta do edificio e forman parte da estrutura visible do mesmo. Ás veces, poden descansar sobre ménsulas. (imaxe 1).
Normalmente levan ó peso da bóveda cara os piares ou columnas interiores e no exterior correspondense cos contrafortes, ós que transmiten o peso mediante arcobotantes ou outras estruturas como estribos exentos.
No románico e no gótico son un elemento máis do sistema abovedado (imaxe 2). Os arcos de faixa son un elemento propio da arquitectura abovedada e úsanse ata hoxe (imaxe 3).
Arco de ferradura:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0