Escultura exenta
Definición
Escultura exenta: aquela que se pode contemplar dende calquera punto de vista, o espectador pode observala derredor porque non está apegada ó muro. Tamén denominada escultura de vulto redondo.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
Dende a Prehistoria realizáronse esculturas de vulto redondo con distinto carácter: votivo, funerario, territorial... (imaxe 1).
A arte grega é a que lle outorga á estatuaria exenta de: naturalismo, volume, movemento, expresividade,...Dende a arte clásica, perdudarán estas características a estilos posteriores máis alá da época medieval na que a escultura estaba sometida ó marco arquitectónico. (imaxe 2).
O retorno ós valores clásicos faráse a partir do Renacemento, cando se recuperarán tamén as técnicas e os materiais como o bronce (imaxe 3).
A escultura exenta contemporánea diversifícase en estilos, temáticas, materiais e funcións.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0
![(Século I) Esculturas antromórficas de Santa Baia de Logrosa [escultura en pedra] Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela Escultura antopromórfica castrexa (Século I) Esculturas antromórficas de Santa Baia de Logrosa [escultura en pedra] Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela](museopobogalego-(3).jpg)
![Lisipo (ca.318 a.C.) "Apoxiómenos" [copia romana en mármore] Museos Vaticanos, Roma Lisipo (ca.318 a.C.) "Apoxiómenos" [copia romana en mármore] Museos Vaticanos, Roma](Copia-de-roma-(404).jpg)
![van Verschaffelt, Pierre (1753) "Arcanxo San Miguel" [escultura en bronce] Castelo de Sant´Angelo, Roma van Verschaffelt, Pierre (1753) "Arcanxo San Miguel" [escultura en bronce] Castelo de Sant´Angelo, Roma](roma-(180).jpg)