Doela
Definición
Doela: elemento construtivo con forma de cuña que se dispón radialmente para formar un arco. Pode ser de diferentes materiais, como ladrillo ou pedra.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
É cada unha das pezas que forman o arco. A doela do centro, que pecha o arco, chámase doela clave.
A doela do extremo do arco e que recibe todo o seu peso, chámase saimel (primeira doela do arrinque dende a liña de imposta).
A parte interior dunha doela chámase intradorso e o lombo, que non se ve por estar dentro da construción, extradorso (imaxe 1).
Unha característica da arte islámica, que tivo grande influencia noutros estilos, foi a inclusión de decoración e alternancia de cores nas doelas dos arcos (imaxe 2)
Na arte románica e gótica, as doelas de arcos situados en portadas e fachadas, ás veces son decoradas con relevos (imaxe 3).
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0