
Planta basilical

Definición
Panta basilical: planta arquitectónica que segue o esquema da basílica romana, característica dos templos paleocristiáns e que despois foi asumida na arquitectura posterior.
Lectura facilitada
<cotovia_4Np6G9.mp3>
Apoio visual

Explicación
.jpg)
Un edificio de planta basilical consta dunha nave central e, ás veces, naves laterais separadas da central por unha arquería. O espazo dirixe a visión cara a cabeceira rematada nunha ábsida, onde está, nos templos cristiáns, o presbiterio co altar maior. O acceso sitúase ós pés da igrexa, habitualmente con atrio, nártice e pórtico.
A súa orixe atopámola na estrutura da basílica romana, edificio civil pensado para reunir ós cidadáns con distintos fins. No século IV, xa oficial o cristianismo, os templos cristiáns necesitan edificios para congregar ós fieis (Eucaristía e outros sacramentos) e adoitan esta tipoloxía de edificio clásico. A basílica convírtese no lugar de reunión: ekklesía ou asemblea. É por isto, que as igrexas paleocristiás teñen esquema basilical (imaxe 1).

La planta basilical pasa ó románico (imaxe 2) e irá convertíndose en planta de cruz. Introdúcese unha nave de transepto e multipilícanse as ábsidas, que se abren tanto na cabeceira como na nave transversal. (imaxe 3).
O cumio deste esquema resólvese nas igrexas de peregrinación que son grandes edificacións froito do cruce de dúas basílicas.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0