Saltar navegación

Perspectiva lineal

Definición

Perspectiva lineal: tipo de perspectiva na que as liñas converxen no fondo, cara un punto de fuga. As figuras cada vez son máis pequenas na medida que se afastan do primeiro plano.

Apoio visual

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Explicación

Mategna, Andrea (1459) "Calvario" [óleo sobre táboa] Museo do Louvre, París
Fernando Díaz. Liñas converxentes cara a un punto de fuga (CC BY-SA)

Unha perspectiva é unha forma de representalo espazo nunha superficie bidimensional. A perspectiva lineal é un procedemento que emprega coñecementos en percepción visual e xeometría para evocar a ilusión de realidade tridimensional nunha superficie plana (lenzo, papel, muro...) (imaxe 1).

A perspectiva lineal ten en conta as deformacións e alteracións de tamaño propias da posición do/a que mira e a súa distancia respecto ó representado. Utiliza liñas que conflúen en puntos imaxinarios (puntos de fuga) que simulan o efecto da profundidade o que fai que figuras e obxectos mais alonxados aparezan máis pequenos (imaxe 2).

Foi desenvolvida no Renacemento italiano a partir das teorías da Grecia clásica (imaxe 3), o que supón o abandono progresivo da perspectiva xerárquica e da superposición de planos.

Imaxe 1
tot Sit Jans, Geertgen (ca. 1480) "A resurreción de Lázaro" [óleo e témpera sobre táboa] Museo do Louvre, París
Fernando Díaz. Unha das primeiras representacións de perspectiva lineal empregando paisaxe arquitectónica (CC BY-SA)
Imaxe 2
Veronés, Paolo (1563) "As vodas de Caná" [óleo sobre lenzo] Museo do Louvre, París
Fernando Díaz. Creación ilusoria da sensación de espazo tridimensional empregando a perspectiva lineal (CC BY-SA)
Imaxe 3
Detalle de liñas converxentes e disminución de tamaño de personaxes nunha escena. Sanzio, Rafael (1511) "A Escola de Atenas" [pintura ao fresco], Sala da Sinatura, O Vaticano
Fernando Díaz. Detalle de liñas converxentes e diminución do tamaño dos obxectos (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)