Proxecto Ende
Esfumado
Definición
Explicación
A técnica do esfumado válese do recurso da veladura. Unha veladura é una capa pictórica esluída en verniz ou aceites que permite a superposición de tons semitransparentes sobre unha cor de base (imaxe 1).
O degoxo científico do Renacemento, pescudou nos efectos ópticos e atmosféricos das paisaxes (imaxe 2). As formas canto mais alonxadas estean, mais tenden á asemellarse á cor azul, menos contrastados e máis desdibuxados teñen os seus perfís (perspectiva aérea).
Leonardo popularizou esta técnica procedente da pintura flamenga, onde inventaron a pintura ó óleo que permite a superposición de veladuras (imaxe 3).
Imaxe 1
Imaxe 2
Imaxe 3
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0