Métopa
Definición
Métopa: espazo que media entre dous tríglifos no friso clásico de orde dórica. Xeralmente é cadrado e se decora con relevos (con rosas, bucranios, escenas ...) ou simplemente con policromía. Pode ser de pedra ou terracota segundo o material do entaboamento.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
A orixe das métopas atopámola nos templos gregos do período arcaico. No espazo baixo a cornixa asomaban as cabezas das trabes de madeira que descansaban sobre o arquitrabe. O espazo cadrado entre esas cabezas orixina a métopa (imaxe 1).
Os estilos artísticos baseados na arte clásica empregan o friso con métopas e tríglifos . No Renacemento (imaxe 2) e Barroco interpretouse e adaptouse este elemento arquitectónico.
Tamén se lle pode chamar métopa ó espazo entre os canzorros baixo a cornixa (imaxe 3).
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0