![Colmeiro, Manuel (1931). "Maternidade" [óleo sobre lenzo] Colección familia Colmeiro. Pintura na que o estudo do claros curo outorgan volume e profundidade. "Maternindade", pintura de Manuel Colmeiro, colección familia Colmeiro. 1931](claroscuro.jpg)
Claroscuro
![Colmeiro, Manuel (1931). "Maternidade" [óleo sobre lenzo] Colección familia Colmeiro. Pintura na que o estudo do claros curo outorgan volume e profundidade. "Maternindade", pintura de Manuel Colmeiro, colección familia Colmeiro. 1931](claroscuro.jpg)
Definición
Claroscuro: técnica pictórica que contrasta luces e sombras. Aplícase para destacar as partes iluminadas sobre un fondo escuro. Esta técnica permite crear efectos de relevo e modelado das formas mediante a gradación de tons.
Lectura facilitada
<cotovia_RWHTP4.mp3>
Apoio visual

Explicación

O claroscuro é unha técnica artística que estuda o comportamento da luz sobre os obxectos. Deste xeito, podemos diferenciar distintas tonalidades que van dende a zona de brillo, penumbra, sombra propia e sombra proxectada.
O tratamento da luz conforma un dos elementos principais dende o punto de vista expresivo e compositivo tanto na pintura como no debuxo ou na fotografía.
Ata á arte clásica grecorromana, a representación da luz non ten especial protagonismo na pintura, e na Idade Media vólvese a perder a interese de plasmar este fenómeno físico.
A pintura flamenga é a precursora do estudo do comportamento da luz có fin de dar sensación de volume e espazo. Empézase empregando a técnica de veladuras para acadar medios tons e claroscuro. No Renacemento perfeccionarán o representación do claroscuro (imaxe 1).
No comezo do Barroco, hai artistas como Ribera ou Caravaggio que usan o claroscuro con violentos contrastes entre as partes iluminadas e as que quedan en penumbra ou sombra, deixando fondos moi escuros nos que se recortan as figuras. Crean unha corrente estilística chamada tenebrismo (imaxe 2).
Noutras linguaxes artísticas como cine, teatro ou a escultura o estudo fotográfico do claroscuro emprégase como elemento expresivo (imaxe 3).
![Da Vinci, Leonardo (ca. 1490). "La Belle Ferronière" [óleo sobre táboa] Museo do Louvre, París Da Vinci, Leonardo (ca. 1490). "La Belle Ferronière" [óleo sobre táboa] Museo do Louvre, París](louvre-(85).jpg)
.jpg)
![Wiene, Robert (1920). "O gabinete do doutor Caligari" [obra cinematográfica] Wiene, Robert (1920). "O gabinete do doutor Caligari" [obra cinematográfica]](Sin-titulo-4.gif)
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0