Técnicas de reconto
Resolve os seguintes problemas de reconto
Unha muller ten {b} blusas, {c} saias e {d} pares de zapatos. Cantos conxuntos diferentes compostos por unha blusa, unha saia e un par de zapatos pode levar?
En un torneo de xadrez, cinco xogadores - Ana, Beatriz, Carlos, David e Elena - clasificáronse para a final. Se todos os xogadores van xogar entre si unha soa vez, de canto xeitos diferentes poden suceder as partidas?
Nunha clase de arte hai 12 estudantes e deséxase formar un comité de 4 membros para organizar unha exposición. De cantas maneiras diferentes se pode escoller este comité?
Unha empresa de seguridade precisa establecer un código de acceso. As cifras dispoñibles para o código son 1, 2 e 3. Cantos códigos de acceso diferentes pode establecer a empresa se cada código debe ter seis cifras e pode incluír repeticións de estas cifras?
Nun novo xogo de mesa, hai seis pezas que os xogadores deben colocar nun taboleiro de 6 espazos. As pezas son tres dragóns, dous magos e un cabaleiro. De canto xeitos diferentes se poden dispor estas pezas no taboleiro?
Imaxina que estás a organizar unha cata de viños na que os participantes poden escoller probar 4 viños diferentes de entre unha selección de 6 viños: Albariño, Mencía, Godello, Treixadura, Loureira e Caiño. Os participantes poden escoller probar o mesmo viño máis dunha vez se así o desexan. Cantas seleccións diferentes poden facer os participantes para a súa cata de 4 viños?