Variables aleatorias discretas

 

Unha variable aleatoria discreta é aquela que toma valores nun conxunto finito ou numerable (contable, como o conxunto dos números enteiros). A cada un destes valores posibles, a variable aleatoria asigna unha probabilidade específica, que é a probabilidade de que ese valor ocorra nun experimento.

Dito de outro modo, unha variable aleatoria discreta é unha función que asigna un número real a cada resultado dun experimento aleatorio, onde o conxunto de posibles resultados é finito ou contable.

Tres moedas

  • Exemplos de variables aleatorias
  1. Lanzamento dun dado: Cando lanzamos un dado xusto de seis caras, podemos definir unha variable aleatoria

X  = "número que aparece na cara superior do dado".

Neste caso, X pode tomar calquera dos valores e polo tanto Ω={1,2,3,4,5,6}

  1. Tirada de moeda: Se tiramos unha moeda ao aire, podemos definir a variable aleatoria Y que tome o valor 0 se sae cruz e 1 se sae cara. O espacio mostral agora será:

Ω={0,1}