As técnicas de reconto son estratexias matemáticas que se usan para determinar o número total de posibles resultados dunha situación que involucra a orde ou a agrupación de obxectos. As técnicas de reconto teñen moitas aplicacións na probabilidade, a estatística, a criptografía, a informática, a bioloxía, etc.
Nesta unidade:
- Calcularemos o número de formas en que pode ter lugar un acontecemento (suceso) que ten dúas ou máis etapas, cada unha cun número de opcións.
- Usaremos a notación factorial.
- Distinguiremos entre permutacións, combinacións e variacións, e seremos capaces de resolver problemas relacionados con elas.
- Comprenderemos o concepto de número combinatorio e seremos capaces de calculalo.
Os cálculos na teoría da probabilidade a miudo implican calcular o número de formas diferentes en que algo pode suceder. Facer unha lista das formas pode ser moi tedioso polo que resulta útil utilizar técnicas para realizar este tipo de reconto.
Á hora de facer o reconto, deberase ter en conta.
- Se nas distintas opcións aparecen ou non todos os elementos.
- Se se repiten ou non os elementos.
- Se inflúe a orde ou non.