Ao longo do ODE hai varios tipos de actividades:
- Actividades exemplo
- Serven para axudar a comprender conceptos.
- Actividades resoltas
- Son exercicios que teñen como finalidade axudar a fixar conceptos.
- O formato empregado consiste en mostrar o enunciado e, cando se solicite, mostrar a solución.
- Se despois de estudar a materia e de facer as actividades resoltas quedan cousas sen entender, é o momento de anotalo e preguntar ao profesor.
- Actividades propostas
- Neste apartado aparecen exercicios que axudan a avaliar a aprendizaxe. Ás veces, conceptos que non se entenderon ao estudar a unidade enténdense ao realizar as actividades propostas.
- Son actividades de encher ocos xunto con más preguntas que servirán para reforzar así como para ampliar coñecementos.
- Deberanse facer ao final do estudo de cada unidade didáctica.
- Xogos: sección composta por tres clases de actividade
- Problemas matemáticos: actividades nas que o alumnado terá que pescudar o resultado.
- Adiviña: dada unha definición, solicítase o término ao que fai referencia completando as letras que falten.
- Sopa de letras
- Autoavaliación
- Son preguntas de elección múltiple, na que a retroalimentación é inmediata.