O proxecto presentado diríxese ao alumnado de Bacharelato e pretende ser unha axuda para a preparación da materia do bloque de estatística e probabilidade que aparece no DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
A pretensión é preparar ao alumnado para que poida tomar decisións sobre experimentos aleatorios en diferentes contextos, planificando, realizando e análizando a incerteza asociada. Que sexa capaz de cálcular probabilidades aplicando a regra de Laplace e técnicas de reconto en experimentos simples e compostos (mediante diagramas de árbore, táboas…) e o aplique á toma de decisións de xeito fundamentado.
É importante mencionar que está elaborado para que xunto coa unidade Mostraxe e estimación, publicada no respositorio Abalar, quede cuberta a totalidade dos contidos do bloque de Estatística e probabilidade que o alumno debe dominar ao largo da etapa de bacharelato. A estructura de ambos ODEs é igual para que o alumno teña un fío condutor ao largo das distintas unidades deste bloque de Estatística e probabilidade do bacharelato.