Recursos de avaliación

 
  • Criterios de avaliación
    • Expresar verbalmente, de xeito razoado, o proceso seguido na resolución dun problema.
    • Utilizar procesos de razoamento e estratexias de resolución de problemas, realizando os cálculos necesarios e comprobando as solucións obtidas.
    • Elaborar un informe científico escrito que sirva para comunicar as ideas matemáticas xurdidas na resolución dun problema, coa precisión e o rigor adecuados.
    • Planificar adecuadamente o proceso de investigación, tendo en conta o contexto en que se desenvolve e o problema de investigación formulado.
    • Practicar estratexias para a xeración de investigacións matemáticas, a partir da resolución dun problema e o afondamento posterior, da xeneralización de propiedades e leis matemáticas, e do afondamento nalgún momento da historia das matemáticas, concretando todo iso en estatísticos ou probabilísticos.
    • Desenvolver procesos de matematización en contextos da realidade cotiá (estatísticos ou probabilísticos) a partir da identificación de problemas en situacións problemáticas da realidade.
    • Valorar a modelización matemática como un recurso para resolver problemas da realidade cotiá, avaliando a eficacia e as limitacións dos modelos utilizados ou construídos.
    • Desenvolver e cultivar as actitudes persoais inherentes ao quefacer matemático.
    • Superar bloqueos e inseguridades ante a resolución de situacións descoñecidas.
    • Reflexionar sobre as decisións tomadas, valorando a súa eficacia, e aprender diso para situacións similares futuras.
    • Empregar as ferramentas tecnolóxicas adecuadas, de xeito autónomo, realizando cálculos estatísticos, analizando con sentido crítico situacións diversas que axuden á comprensión ou á resolución de problemas.
    • Utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación de maneira habitual no proceso de aprendizaxe, buscando, analizando e seleccionando información salientable en internet ou noutras fontes, elaborando documentos propios, facendo exposicións e argumentacións destes e compartíndoos en ámbitos apropiados para facilitar a interacción
  • Instrumentos de avaliación
    • Proba obxectiva de resolución de exercicios (presenciais ou telemáticos a través da aula virtual ou, se é necesario, por videoconferencia en Webex).
    • Foros de debate.
    • Documentos colaborativos.
  • Tipos de avaliación
    • Avaliación formativa
      • Avaliación por pares: os alumnos avaliarán os exercicios realizados por cada un dos seus compañeiros.
      • Autoavaliación: o alumno avaliará o seu desempeño nas tarefas realizadas.
      • Deseño de instrución: o profesor avaliará a eficacia de cada un dos pasos do deseño de aprendizaxe, adaptándoos segundo corresponda.
    • Avaliación sumativa
      • Resultados da proba obxectiva para resolver exercicios.
      • Resultados da avaliación por pares.
      • Grao de participación do alumnado nas actividades propostas.