Experimentos simples

 

Moeda

  • Un experimento simple é aquel que se realiza nunha soa etapa. Dito doutra forma, un experimento simple é aquel experimento aleatorio que non pode descompoñerse noutros experimentos.

  • Cando todos os resultados do experimento teñen a mesma posibilidade de acontecer dinse equiprobables.

  • Para calcular a probabilidade dun suceso nun experimento onde o espacio mostral é finito e todos os resultados son equiprobables, divídese o número de casos favorables ao suceso entre o número de casos posibles:

P(A)=número de casos favorables a Anúmero total de casos posibles

Onde P(A) é a probabilidade do suceso A.

  • Esta fórmula denomínase Regra de Laplace.

  • A probabilidade pódese expresar como porcentaxe sen máis que multiplicar a probablidade anterior por 100.

Exemplos

+ Lanzamento dunha moeda

Temos dous resultados posibles: cara C ou cruz X. A probabilidade de sacar cara é:

P(C)=12

Como porcentaxe: 

12100=50% A porcentaxe de sacar cara é do 50%

+ Sacar unha carta dunha baralla

Se queremos sacar un rei dunha baralla de 40 cartas, como hai 4 reis na baralla, entón a probabilidade é:

P(Rei)=440=110

Como porcentaxe: 

110100=10% A porcentaxe de sacar un rei é do 10%