A través desta proposta pretendemos traballar contidos relativos aos bloques de Sentido estocástico e Sentido socioafectivo que se desenvolven no currículo das materias de Matemáticas e Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais, así como na optativa de Métodos Estatísticos e Numéricos.
Os contidos descritos a continuación desenvólvense no ODE de forma secuencial. No obstante, os bloques non se traballan ailladamente, de forma que as/os estudantes alcancen a ver as relacións que presentan entre sí, co fin de que poidan afianzar os distintos conceptos formando parte dun todo. A continuación explicítanse os contidos traballados, así como a secuenciación dos mesmos.
UD 1. Técnicas de reconto
- Permutacións
- Combinacións
- Variacións
UD 2. Probabilidade
- Sucesos
- Operacións con sucesos
- Leis de Morgan
- Cálculo de probabilidades
- Axiomática de Kolmogorov
- Probabilidade
- Experimentos simples
- Experimentos compostos
- Probabilidade condicionada
- Independencia de sucesos
- Regra do produto
- Diagramas de probabilidade
- Diagramas de árbore
- Táboas de continxencia
- Diagramas de Venn
- Teoremas de probabilidade
- Teorema da probabilidade total
- Teorema de Bayes
UD 3. Distribucións de probabilidade
- Variables aleatorias discretas
- Función de probabilidade
- Función de distribución
- Parámetros
- Variables aleatorias continuas
- Función de densidade
- Función de distribución
- Modelización de fenómenos estocásticos
- Distribución de probabilidade Binomial.
- Distribución de probabilidade Normal.
- Aproximación da Binomial á normal.
UD 4. Ferramentas tecnolóxicas para o cálculo de probabilidades
- Calculadoras gráficas e científicas
- Folla de cálculo
- Software estatístico
- Linguaxes de programación
- Aplicacións e ferramentas en línea
UD 5. Exercicios ABAU
- Exercicios das ABAU dende o ano 2018 ao 2023
UD 6. O estudo estatístico bidimensional
- Fases e das tarefas
- Elaboración e presentación
- Análise e descrición
- Ferramentas tecnolóxicas
En todas as unidades didácticas:
- Planificación e expresión verbal do proceso de resolución de problemas.
- Análise dos resultados obtidos: revisión das operacións utilizadas, coherencia das solucións coa situación, revisión sistemática do proceso, procura doutros xeitos de resolución e identificación de problemas parecidos.
- Elaboración e presentación oral e/ou escrita de informes científicos sobre o proceso seguido na resolución dun problema, utilizando as ferramentas tecnolóxicas axeitadas.
- Utilización de medios tecnolóxicos no proceso de aprendizaxe.
- Planificación e realización de proxectos e investigacións matemáticas a partir de contextos da realidade ou do mundo das matemáticas, de xeito individual e en equipo.
- Práctica de procesos de matematización e modelización, en contextos da realidade.
- Confianza nas propias capacidades para desenvolver actitudes axeitadas e afrontar as dificultades propias do traballo científico.