Combinacións

 

Combinacions


Unha 
combinación é a selección de r elementos dun grupo de n elementos onde:

  • A orde de selección non é importante
  • En cada ordenación só aparecen r elementos.





Tipos de combinacións

Combinacións sen repetición

Unha combinación sen repetición de n elementos tomados de r en r é unha forma de seleccionar r elementos dunha lista de n.

  • Regras de selección 
    • A orde de selección non importa (os mesmos elementos seleccionados en diferentes ordes considéranse a mesma combinación).
    • Cada elemento só se pode seleccionar unha vez

Unha combinación sen repetición tamén se denomina combinación simple ou, simplemente, combinación.

  • Notación

O número de combinacións de n elementos tomados de r en r, denótase por Cn,r.

  • Cálculo

Para calcular o número de combinacións de n elementos tomados de r en r usaranse números factoriais: Cn,r=(nr)=n!r!(nr)!

 Á expresión (nr) chámase número combinatorio e lese n sobre r

+ Exemplo

Un alumno ten pendente cinco materias e decide presentarse só a tres. Cantas posibilidades ten?

C5,3=(53)=5!3!(˙53)!=10

Combinacións con repetición

Unha combinación con repetición de n elementos tomados de r en r é unha forma de seleccionar r elementos dunha lista de n.

  • Regras de selección 
    • A orde de selección non importa (os mesmos elementos seleccionados en diferentes ordes considéranse a mesma combinación).
    • Cada elemento pódese seleccionar máis dunha vez.
  • Notación

O número de combinacións con repetición de n elementos tomados de r en r, denótase por CRn,r ou tamén por CRnr.

  • Cálculo

Para calcular o número de combinacións con repetición de n elementos tomados de r en usaranse os números factoriais:
CRn,r=Cn+r1,r=(n+r1r)=(n+r1)!r!(n1)!

+ Exemplo

Nunha frutería hay 10 tipos diferentes de frutas. De cantas formas pódense elixir 3 pezas de froita?

Como temos 10 tipos que se poden repetir, trátase dunha combinación con repetición:

CR10,3=C10+31,3=(123)=12!3!9!=220