Sucesos

 

Experimento aleatorio

Un experimento aleatorio é un proceso que, ao realizarse baixo as mesmas condicións, pode dar lugar a varios resultados posibles, sen poder determinar con exactitude cal ocorrerá.

Espazo mostral

O espazo mostral, denotado por Ω ou pola letra E, é o conxunto de todos os posibles resultados dun experimento aleatorio. Estes resultados son mutuamente excluíntes, é dicir, a realización dun impide a realización dos demais, e colectivamente exhaustivos, xa que entre eles abarcan todas as posibilidades do experimento.

Exemplos

+ Lanzamento dunha moeda

Cando lanzamos unha moeda, hai dous posibles resultados: que saia cara C ou que saia cruz X. O espazo mostral deste experimento sería Ω={C,X}.

+ Lanzamento dun dado

Se lanzamos un dado de seis caras, os posibles resultados son obter un 1, un 2, un 3, un 4, un 5 ou un 6. Polo tanto, o espazo mostral é Ω={1,2,3,4,5,6}.

+ Extracción dunha carta dunha baralla

Ao sacar unha carta dunha baralla española de 40 cartas, hai 40 posibles resultados, cada un correspondente a unha carta específica da baralla. O espazo mostral sería Ω={1O,2O,3O,...,12B}, onde "O" representa os ouros, "C" as copas, "E" as espadas, e "B" os bastos, e cada número representa o valor da carta.

Suceso aleatorio 

Un suceso aleatorio é calquera conxunto de resultados posibles dun experimento aleatorio.

Os sucesos poden clasificarse en varios tipos, dependendo das súas características e da relación entre eles.

Tipos de sucesos

  • Suceso elemental é un resultado particular que pode ocorrer nun experimento aleatorio.
+ Exemplo

Ao lanzar un dado convencional, obter un "3" é un suceso elemental.

  • Suceso composto é a combinación de dous ou máis sucesos elementais.
+ Exemplo

Ao lanzar un dado convencional, obter un "3" ou un "5" é un suceso composto.

  • Suceso seguro é aquel que ocorrerá sempre nun experimento aleatorio.
+ Exemplo

Obter un número do 1 ao 6 ao lanzar un dado convencional.

  • Suceso imposible é aquel que non pode ocorrer baixo ningunha circunstancia no contexto do experimento aleatorio.
+ Exemplo

Obter un "7" ao lanzar un dado convencional.

Notación de sucesos

  • Suceso seguro: denótase pola letra Ω ou pola letra E
  • Suceso imposible: denótase polo símbolo do conxunto vacío,
  • O resto de sucesos denótanse con letras maiúsculas: A, B, ...
  • Un suceso pode determinarse de dúas maneiras:
    • Por extensión: enumerando os elementos que contén, entre chaves e separados por comas. A={1,3,5}
    • Por comprensión: dando, entrecomillada, unha propiedade que cumpren os seus elementos. A="números impares"

Unha colección ou enumeración exhaustiva é aquela na que todos os casos ou elementos posibles foron tomados en conta.