Probabilidade e Distribucions de Probabilidade. O Estudo Estatístico Bidimensional
Elaboración e presentación
Deseño do estudo
Identificar a pregunta. O primeiro paso do estudo é formular a pregunta de investigación. Esta é a pregunta á que quere responder o estudo.
Identificar a poboación de interese.
Identificar as variables. Determinar cales son as variables que se deben medir para responder á pregunta de investigación.
Identificar os tipos de variables (cualitativas, cuantitativas).
Elaborar a enquisa.
Obter unha mostra representativa da poboación (mostraxe).
Determinar as análises estatísticas que se van realizar.
Resumindo, nesta etapa indícase o que se vai medir, como se vai a medir, como se recollerá a mostra, o tamaño da mostra e como se van analizar os datos.
Presentación
Unha variable bidimensional é aquela que está formada por un par de variables aleatorias (X, Y). Cada par de valores (x, y) representa unha observación ou realización conxunta das dúas variables.
Para analizar e interpretar adecuadamente os datos dun estudo é necesario presentalos de maneira ordenada. Para iso elabóranse táboasonde se agrupan os datos e represéntanse os datos mediante gráficos.
Táboas de dobre entrada
Formada polas frecuencias absolutas de todos os posibles pares de valores da variable estatística bidimensional (X, Y)
Os gráficospermiten ver as características dos datos de forma rápida e clara, facer comparacións destes, etc. Hai distintos tipos de gráfico, pero o máis utilizado nos estudos de dúas variables (bidimensionais) é o diagrama de dispersión ou nube de puntos
É unha representación gráfica que mostra os valores dunha variable fronte aos valores doutra variable para un conxunto de datos. Cada punto no diagrama representa un par de valores (x, y) correspondentes ás dúas variables.
No diagrama represéntanse os pares de valores recollidos no estudo (X, Y), para analizar se existe algún tipo de relación entre as dúas variables.
Interpretación
A forma e a distribución dos puntos no diagrama proporcionan información visual sobre a relación entre as variables. Algunhas das características que se poden observar son: