É importante preparar aos alumnos para saber ser (competencias esistenciais), saber facer (competencias prácticas) e saber aplicar coñecemento en diversos contextos. Para iso é necesario ter en conta o seguinte:
- Partir dos coñecementos previos
Os estudantes posúen unha serie de coñecementos previos, por esta razón, é necesario que os novos contidos a adquirir estean enraizados na súa experiencia anterior e se proxecten para a súa aplicación no seu propio contorno. - Facilitar a construción dunha aprendizaxe significativa
O estudante posúe información, habilidades e actitudes previas e debe establecer relacións entre o que xa sabe e o novo contido que pretende asimilar, incorporalo a a súa estrutura cognitiva e aplícaa en diferentes contextos. - Ter en conta as características cognitivas
As actividades didácticas deben adaptarse ás características da aprendizaxe dos estudantes. - Funcionalidade de aprendizaxe
A motivación é maior se se aplica o novo contido, non só para acadar novas aprendizaxes, senón tamén para mellorar o rendemento das súas actividades habituais. - Proporcionar información frecuente sobre o proceso de aprendizaxe
O alumno debe coñecer os obxectivos, contidos, metodoloxía e organización do proceso educativo antes de inicialo e durante o seu desenvolvemento, así como o grao de consecución dos obxectivos en cada momento. - Maximizar a participación activa do alumno
Isto debe fomentarse activamente en función da súa situación específica, de aí que se propoña unha variada gama de actividades para maximizar os procesos de desenvolvemento mental e verbal. A actividade sera tanto interna coma externa (traballo en grupo, pequenas investigacións, etc.). - Atender ás peculiaridades de cada persoa
Ter en conta que cada persoa aprende segundo un ritmo e un estilo específicos e que é necesario respectar os diferentes ritmos de aprendizaxe. Aínda que as unidades se desenvolven dende a perspectiva das necesidades do grupo, non se debe esquecer que cada problema, necesidade ou experiencia presenta peculiaridades diferentes en cada caso. - Potenciar habilidades de tratamento de información
Desenvolveranse capacidades relacionadas coa comprensión lectora e o tratamento da información (busca, obtención, análise crítica, reelaboración e presentación), sen esquecer as outras linguaxes (gráfica, audiovisual, informática), comúns na sociedade actual. Os medios de información e comunicación deben estar moi presentes nas actividades de aprendizaxe como fonte de información.
Tendo en conta o anterior:
- O espazo principal onde terán lugar as unidades didácticas será na clase.
- As formas básicas de traballo serán:
- De toda a clase: presentación da materia nova, brainstorming...
- En pequeno grupo: repaso dos contidos, realización das actividades resoltas...
- Individualmente: afianzamento dos contidos, realización das actividades propostas...
- Os agrupamentos faranse segundo as actividades e a marcha da unidade
- Poderase recorrir á presentación da resolución de problemas por parte dos estudantes, tendo que indicar a orixe do problema, a súa análise e como alcanzou a súa resolución.
- Dentro dos materiais que se empregarán terán un peso específico as TIC.
Medidas concretas de atención á diversidade
- En cada unidade didáctica estableceranse contidos mínimos e, en función destes, faranse as extensións e reforzos que se consideran necesarios.
- Presentación da unidade didáctica antes de comezar a traballar nela.
- Estimulación do coñecemento previo mediante o brainstorming.
- Ampliación do tempo para o desenvolvemento dunha unidade didáctica, se fose necesario.
- Axuste progresivo da duración e dificultade das tarefas para estudantes con necesidades específicas de apoio.
- Para estudantes cun nivel de competencia superior á media da aula ou para que teñan altas habilidades usaránse as mesmas actividades con modificacións dos requisitos.
- Nos casos que se consideren oportunos, solicitarase axuda ao equipo de orientación para atopar, seleccionar ou desenvolver materiais adaptados ás necesidades dos estudantes con NEE.