Este obxecto dixital educativo (ODE) está deseñado tanto para servir de recurso didáctico para o profesorado que queira desenvolver o bloque de probabilidade como para ser utilizado de forma autodidacta por alumnos de Bacharelato
O curso segue os contidos e competencias clave do currículo da materia de matemáticas e de matemáticas aplicadas ás ciencias sociais de 1º e 2º de Bacharelato polo que consideramos que é un medio ideal para guiar e desenvolver os contidos sinalados
O ODE desenvolveuse a través da aplicación eXeLearning, deseñada especificamente para a creación de materiais educativos. Consta de 6 unidades, divididas á súa vez en diferentes seccións.
As seccións do ODE divídense en:
- Seccións de explicación do contido tratado.
- Seccións de problemas resoltos, pensado para que o alumno entenda os contidos expostos. É importante facelas mentres se estuda o contido.
- Seccións de problemas propostos que pretenden axudar a afianzar e dominar os contidos desenvolvidos en cada sección. Nestas seccións aparecen exercicios con preguntas para completar así como outra serie de preguntas relacionadas co enunciado do problema con obxecto de reforzar e profundar os contidos practicados.
- Seccións de xogos
- Seccións de autoavaliación
No ODE utilízanse iDevices, tanto interactivos como de actividade despregable, preguntas de escolla múltiple, enlaces a outras páxinas, tooltips e ventás de diálogo coa finalidade de completar, relacionar e aclarar os conceptos tratados.
A intención primordial do ODE é ofrecer un guía sinxela e práctica para entender e afondar os contidos do bloque de probabilidade e distribucións de probabilidade, empregando para iso os recursos que se teñen máis á man, como son ordenador, móbil... Cada un dos capítulos levan actividades asociadas na ODE, pero tamén o alumnado ten a oportunidade de facer mais prácticas cos distintos exames das ABAU que aparecen na unidade 5.
A ODE conta tamén cunha unidade didáctica, a última, dedicada ao estudo estatístico bidimensional que serve para que os estudantes se familiaricen co proceso a seguir neste tipo de estudo.